Vidal Valiña, Carmen Marina (1985-)

As tolas que non o eran : Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936 / Carmen V. Valiña - 1ª - Vigo : Editorial Galaxia , 2025 - 133 p. ; 23 cm - Ensaio (Galaxia) ; 139 .

Índice: Limiar, Carme.
1. A tola que non o era; 2. Esas histéricas insoportables; 3. Aqueles fillos que nos tolearon; 4. Pai, dáme viño; 5. Sabes que tes un fillo... e nin o apelido lle vés dar; 6. Cando unha violación era un susto; 7. Nenas, non vos fiedesdos homes; 8. Viúvas de vivos; 9. Sinatura do titular: non sabe; 10. Como están tan lonxe que non veñen verme; 11. As tolas que mataron; 12. Tolas de miseria; 13. Anda e vai polo mundo. Epílogo: ¿De verdade che parezo unha tola?.
Bibliografía. Agradecementos

Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.
As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.
En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: “Estou aquí e quero que me escoites”. Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.

Adultos/as Formación Profesional 1º-2º BAC

9788411764094


Historia de Galicia--Ensaio
Enfermidades mentais--Hospital Psiquiátrico de Conxo
Violencia contra a muller--Internamentos forzados
Mulleres --Biografías--Galicia


Conxo (Santiago de Compostela)

364.5:94(460.11) 159.972‑055.2 821.134.4-4"20":141

Coa tecnoloxía Koha